María Antonieta naceu o 2 de novembro de 1775 en Viena e morreu guillotinada en París o 16 de octubro en 1793. Chegou a ser princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria e raíña de Francia debido ao seu matrimonio con Luís XVI. Era irmá de Xosé II de Austria e de Leopoldo II de Austria.
A súa nai é unha emperatriz, que se esforza por casala co maior dos netos de Luís XV, que era máis ou menos da súa idade.
Cando María Antonieta ten 13 anos, a emperatriz que daquela era unha vella dama e viúva, intéresase máis pola súa educación, por iso María toma leccións de canto, de música, de teatro de baile francés…
O 19 de decembro de 1778, María Antonieta ten o seu primeiro fillo, que é unha rapaza chamada María Tareixa, e o 22 de octubro de 1781 nace o Delfín Luís Xosé, pero hubo rumores de que non era fillo de Luís XVI. Tras estes nacementos, María Antonieta cambia algo a súa forma de vida e adícase á caridade.
O 27 de marzo de 1785, nace o seu terceiro fillo, chamado Luís – Carlos que foi duque de Normandía. Dous anos máis tarde nace Sofía Beatriz, que só tivo un ano de vida xa que tiña tuberculose.
“O Caso Do Colar”
En xullo de 1785, estoupa o famoso “Caso do colar da raíña”. Trata en que o xoieiro Bohmer reclama á raiña 1,5 millóns de libras por un colar de diamantes encargado en nome da soberana polo cardeal de Rohan. Ela non se fai responsable . Finalmente, o rei decide levar o caso ó Parlamento e acaban culpando a Jeanne Valois de La Motte. A raíña, anque non é culpada, é tratada con gran desconsideración polo pobo. Entón ela decide diminuir os seus gastos en especial os da súa mansión, pero esto provoca un escándalo na Corte, e entón continuan criticándoa, e recibe o nome de Madame Déficit.
É acusada de impoñerse á política de Luís XVI e de destituír aos ministros.
María Antonieta era unha Muller frívola e de gustos caros. Deixou de recibir á nobreza, ignorou a crisis financieira pola que atravesaba o país, enviou as súas tropas contra a población famenta que estaba no palacio de Versalles, puxoa ao Rei contra a Revolución…
En 1792 foi detida e encarcelada con Luís XVI na prisión do Temple. A Convención ordenou a súa execución, e finalmente morreu guillotinada o 16 de octubro de 1793.
Feito por: Laura Méndez e Lucía García.
No hay comentarios:
Publicar un comentario