martes, 15 de diciembre de 2009

DANTON

Georges Jacques Danton foi un avogado e político francés que desempeñou un papel decisivo durante a Revolución Francesa (1789-1799) e foi guillotinado en París no 1794. Estudiou nun seminario en Troyes, e continuou os seus estudos nas capelas de Troyes, pero non quixo facer ningunha carreira na igrexa. Despois de se cambiar a París, pasou por un período de prosperidade grazas a un casamento feliz coa filla dun home rico.
Foi elixido para a Convención Nacional. Tentou reconciliarse cos seus opoñentes, pero non o conseguiron. Este conflito foi resolto coa caída dos xirondinos, no 1793.
Tamen estivo no Comité de Seguridade Pública, órgano executivo de República francesa, pero non deu acabado coa guerra entre Francia e as monarquias europea a través das canles diplomáticas. Para acabar, o seu aliado, Maximilien de Robespierre, emerxeu a figura central do Comité.


Logo, foi enviado para Bélxica pola Convención no 1792. Polo que non estuvo presente no xuízo contra Luis XVI. Peo votou pola sua morte apoiando a Robespierre.

Finalmente, Danton foi traicionado por Robespierre, xa que este dixo que se eliminasen tanto os radicais como os indulxentes, no que incluía a Danton. Despois de ser sometido a un xuizo polo Tribunal Revolucionario foi guillotinado (1794).


Feito por Lidia Marqués

No hay comentarios:

Publicar un comentario