A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978
A Constitución Española de 1978 é a norma xurídica suprema (ou máxima) do ordenamento xurídico do Reino de España.
Nace durante o proceso histórico denominado Transición Española, que ten lugar como consecuencia da morte, o 20 de novembro de 1975 do anterior Xefe do Estado, o Xeneral Francisco Franco, e que precipitará unha serie de acontecementos políticos e históricos que terminarán coa abolición final do anterior réxime franquista que dura desde 1939 ata 1975 substituíndo a ditadura por un sistema democrático coa forma política de Monarquía Parlamentaria. É unha constitución ambigua e contraditoria, é dicir, unha constitución que admite diferentes lecturas. Esta ambigüedade ten a súa orixe na necesidade que houbo de poñer de acordo sobre a norma fundamental a partidos políticos de ideoloxías moi dispares e lograr así o que se chamou o consenso constitucional.
Exemplar da Constitución Española de 1978 no Congreso:
Dereitos fundamentais e Liberdades Públicas:
A Constitución Española outorga a todos os cidadáns unha serie de dereitos fundamentais e liberdades públicas, regulado polo Título I da Constitución Capítulo 2, Sección 1. Regulando toda unha serie de garantías para este tipo de dereitos.
Os dereitos fundamentais garantidos pola Constitución española son, entre outros, o dereito á igualdade e non discriminación; o dereito á vida e á integridade física, á liberdade relixiosa, á liberdade persoal, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, á liberdade de expresión e información, á liberdade de cátedra, á liberdade de reunión, á liberdade de asociación, ao libre acceso a cargos e funcións públicas en condicións de igualdade, á tutela xudicial efectiva, á legalidade penal, á educación, á liberdade de sindicación, o dereito de petición…
Feito por: Lucía García.
No hay comentarios:
Publicar un comentario