jueves, 17 de junio de 2010

Tuttifrutti

Hoxe, día 17 de Xuño a vistas de rematar un curso cheo de momentos tanto bos como malos, queremos facer unha entrada neste blog que nos recorde todo o que traballamos nel (jajaja).

O curso que levaron a cabo estas Venus do Miño comezou o día 19 de Setembro do 2009, un día chuvioso no que todos estabamos ilusionados co comezo dun novo curso e con elo dunha nova etapa, a nosa última etapa na E.S.O. Nada máis chegar vimos a Sabela, a que sería a nosa titora e a que nos impulsou (mandou jaja) a facer este blog.

Sabela Figueira Tenreiro, nada en Coruña sabe dios cando, foi a nosa mestra de Ciencias Sociais. A primeira vista pareceunos unha alumna máis pola súa estatura (jajaja) e fermosura (jajaja). Pero non sabíamos que ela sería unha das persoas máis importantes na nosa iniciación en 4º.

A comezos de curso quedamos en vir traballar a este blog os martes na hora de Ciencias Sociais (algo que pouco cumplimos) e facer cada día un traballo relacionado co tema que dabamos.

Esta entrada é totalmente diferente ás outras, non é un deses traballos que falen da Revolución Francesa, nin de María Antonieta (en paz descanse) nin das Guerras Mundias. Esta entrada é algo novo, algo que consideramos máis especial, algo máis... Mmmm... Por decilo dalgunha maneira NOSO.

Con esto queremos agradecerlle a toda a xente que convertiu este curso nunha aventura inesquecible, tanto aos nosos compañeiros, como aos mestres, como a Tuto e como non á excursión a Barcelona (inolvidable).

Nesta excursión aprendimos o importante que é estar ás 12 na cama, o importante que é saberse manexar no metro, o importante que é non ser exquisito coa comida e por suposto o importante que é convivir todos xuntos (xuntos, pero non revoltos e sen mesturas, como diría Sofía, da cal non nos podemos esquecer).

Tamén aprendimos cousas na clase, como saber que touciño + velocidade = tacatá, como que ´chico, no, mira xa está, vouche poñer un negativo porque levas toda a hora así´, como que non podemos ter latas nin tenis na clase (non é a vosa casa jajaja), como que Simón, cando fala, ten papas na boca, coma que o corte imperio é o que aperta as tetas e cae e cousas así...

Para rematar con esta escolma de momentos queremos reiterar as gracias por facer destes blogs algo máis que un simple blog de traballo, por conseguir que fora algo máxico.
Algo que cando un día que non teñamos nada que facer, miraremolo e recordaremos todas estas cousas cun sorriso.

martes, 15 de junio de 2010

Mohandas Karamchand Gandhi (defensor da descolonización)

Mohandas Karamchand Gandhi naceu en outubro do 1869, o 2. En Porbandar, na India. O seu pai foi o primeiro ministro dese pobo. Gandhi sentía un grande amor hacia seus pais.


Estivo comprometido cunha nena da súa edade dende os 6 anos sen sabelo, e aos 13 casáronos seguindo a costume hindú. Gandhi enamorouse de ela, e por ela abandonou aos pais, xusto na noite na que o pai efermo morreu.


Fixo xaxún como presión contra o poder. Cando estallou a Segunda Guerra Mundial (1939), Gandhi volveu ao primeiro plano político. Xunto con Nehru e outros líderes do Congreso, apoiaron a loita contra o fascismo.


Logo da toma de Rangún polos xaponeses, Gandhi esixiu a independencia da India, para que o país poidese decidir nas súas decisións. No 1942 foi arrestado xunto con outros membros do Congreso polo que se realizaron numerosas revoltas na India. A súa muller morreu estando él na prisión. No 1944 puxérono en liberdade.


Cando acabou a guerra (1945) Gandhi luitou pola liberación. Sen embargo, a postura oposta á participación do subcontinente non puido contra a determinación do líder da Liga Musulmana, Jinnah, que defendía a separación de Pakistán. A Gandhi parecíalle unha traición.

Gandhi trasladouse a Noakhali, donde comezaran os enfrentamentos. Tratou de deter as masacres que acompañaron a partición de Bengal, Calcuta, Bihar, Cachemira e Delhi. Pero non serviu de nada, solo para aumentar o odio que sentían por el os fanáticos extremistas dos pobos. A pesar da súa saúde, que estaba gravemente afectada, apareceu ante o público uns días antes da súa morte.


No 1948 foi alcanzado polas balas dun xoves hindú. Morreu, según dice a súa neta ca palabra Rama (Deus) nos beizos.


Bibliografia: Biografías y vidas.


Feito por: Laura Mendéz Costa, Lucía García Jartín, Raquel Mel Saa, Lucía Eiros Fernández e Lidia Marqués Ares.

O Nazismo

A palabra ´Nazi´significa literalmente ´Nacionalsocialista´, e fai referencia ao réxime que gobernou en Alemaña entre os anos 1933 e 1945, o que se coñeceu coma a Alemaña Nazi.

Dentro do contexto histórico, o Nazismo pódese definir coma unha ideoloxía alemana que alcanza o seu máximo explendor nos anos 30. Neste periodo había reivindicacións por parte dos obreiros debido ás condicións de paz impostas polo Tratado de Versalles (1919) xunto co Crack da bolsa de Nova York en 1929. Esto provocou a quebra de varias empresas e despidos masivos dos traballadores.

O Nacionalsocialismo identifica á comunidade xudía e á xitana coma antítesis do home ario (raza que quería expandir Hitler: homes rubios con ollos claros).

Posteriormente formouse o Partido Obreiro Alemán, que tiña como obxectivos expulsar aos xudíos fomentar o cristianismo e impoñer o orden e rematar co Tratado de Versalles.

Debido a estas razóns podemos considerar o Nacionalsocialismo coma unha ideoloxía fascista, na cal o seu xefe era o seu ´Führer´.

O Nazismo comezou a principios do século 20 co austríaco Adolf Hitler cando se uniu ao Partido Obreiro Alemán e impuxo o seu poder.

Este partido ao non aceptar o Tratado de Versalles, desapareceu e formouse así o Partido Socialista Obreiro Alemán ou Partido Nazi, dirixido por Hitler.

Tras encabezar un fallido intento de golpe de Estado en 1923 contra a República de Weimar, Hitler foi condeado a prisión durante 5 anos, da que só cumpliu once meses.

Hitler consegue ser chamado polos sectores conservadores para ocupar o cargo de ´chanceller´ de Alemaña .

Unha vez no cargo, Hitler decretou novas elecións, impoñendo unha intensa propaganda nazi . Finalmente outorgáronlle o control do Parlamento e así comzaba o III reich.

Hitler trala morte do presidente Hindenburg, impuxo un goberno centrado exclusivamente ao redor da súa figura .

O poder de Hitler consolídasde coa Noite dos Coitelos Longos na cal ordea o asasinato dos principais líderes da SA (forzas de asalto que apoiaran aos nacionalsocialistas no seu ascenso ao poder).

O Nazismo céntrase na obtención dunha raza pura, os xudeus, que eran os seus esclavos, a mediados da Segunda Guerra Mundial comezaron a ser exterminados nos campos de concentración.







Os campos de concentración (o campo de internamento) é un centro grande de detención e de confinamento na masa. O número de campos de concentración foi masivo, o máis sinalado é o de Auschwitz. Outros son o de Dachau (Alemaña), o de Mauthausen-Gusen ( Austria) e o de Sachsenhausen (Alemaña)...

O xudíos encarnaban, para Hitler, todos os males. Eran en síntesis, o inimigo racial que dende o interior corrompía e contaminaba á nación.

En novembro como excusa do asasinato dun diplomático alemán en Paris, por mans dun xoven xudeu foron atacados polos membros da SS, a esto chamóuselle "A noite dos cristais rotos".

O resultado desto foi de moita magnitude, xa que o Estado tivo que restaurar a orde que el mesmo había perturbado.

Finalmente os xudeus foron concentrados en ´ghettos´(barrios especiais onde vivían acinados). E esto sumaríase a exclavización e o exterminio durante a guerra. Os campos de concentración convertíronse en lugares de traballo forzoso, para experimentos médicos e para a eliminación dos xudeus, xitanos, homosexuais e discapacitados.

Tras firmar un pacto de non agresión á URSS, Hitler lanzouse en setembro de 1939 a invadir Polonia, Francia e Inglaterra decláranlle a guerra.

Isto da lugar ao comezo da Segunda Guerra Mundial.

Tras este conflito os movementos nazis seguiron influíndo na sociedade de hoxe en día. Por exemplo, en Alemaña está prohibido facer apoloxía do nazismo e hai leis contra elo, xa que está considerado coma un delito.

Esta historia podemos observala reflexada en moitas publicacións e películas. Coma O neno co pixama a raias, O diario de Ana Frank, Cando Hitler roubou o coello rosa, Paradeiro descoñecido...


"Todas as ´venus´ (jeje) deste grupo lemos O neno co pixama a raias, un libro que nos impactou e nos fixo ver a situación na que vivían as persoas daquela época, sometidas ao férreo ditatorial réxime nazista.

Este libro trata dun rapaz chamado Bruno que se tivo que mudar con toda a súa familia para Auchwiz por motivos de traballo do seu pai. Cando xa chegou a Auschwiz, Bruno achegouse a unha ventá e alí viu un patio con moitos rapaces, entreténdose. Bruno díxolle a súa irá que fose mirar e pareceulles moi estraño que tivesen a mesma roupa, un pixama a raias.
Un día, Bruno decidiu dar una volta para coñecer o lugar donde ía vivir. Chegou a una alambrada dentro da cal había un neno sentado no chan. Bruno preguntoulle como se chamaba e que facía alí só. Entón o neno díxolle que se chamaba Shmuel e que non facía nada. Bruno marchou, pero díxolle que volvería.
Bruno fíxose moi amigo de Shmuel e íao visitar case todos os días. Shmuel contáballe a vida que pasaba no campo traballando e a Bruno non lle gustaba nada. Un día, a nai de Bruno discutiu con seu pai porque quería volver para Berlín pois non lle gustaba esa vida para os seus fillos. Esa tarde Bruno foise despedir de Shmuel, pero presentóuselle un problema e era que Shmuel non encontraba a seu pai e entón Bruno decidiu axudarlle antes de que marchasen. Shmuel tróuxolle un pixama a raias para poder entrar e que ninguén se decatase. Shmuel e Bruno non atoparon o pai de Shmuel e entón Bruno quixo marchar para a casa pois xa era tarde, pero xa non podía saír porque os vixiantes do recinto estábanos mandando entrar. O pai de Bruno e os seus compañeiros de traballo xa tiñan pensado meter os nenos daquela alambrada para un lugar cerrado con gas dentro para axfisialos e fixérono, pero o problema estaba en que alí dentro estaba tamén Bruno e ninguén se dera conta. Os rapaces morreron xuntos e o pai de Bruno decatouse pola roupa do rapaz, que estaba tirada ao outro lado da alambrada."

Consideramos, como dixemos antes, que foi un libro que nos gustou moito e que ao mesmo tempo nos impactou.

Dedicamos todas as ´venus´ este artigo á nosa titora Sabela, que gracias a ela aprendemos un pouco (aínda que sea pouco) de cultura lendo estas cousas.


feito por:

- Lidia Marqués
- Lucía Eiros
- Raquel Mel
- Laura Méndez
- Lucía García



Bibliografía:
- Wikipedia
- Imaxes Google
- Blog ´setemaisun´





martes, 20 de abril de 2010

O grito de Munch

HISTORIA SOBRE O CADRO:


O grito de Munch foi pintado en 1863 por Edward Munch. Malia que fixo outras edicións deste cadro, o máis destacado atópase na Galería Nacional de Oslo.


Esta obra foi roubada varias veces. A primeira foi no 1994, pero máis tarde recuperouna a policía. Outro dos roubos foi en agosto do 2004, onde se tardou moito tempo en volver recuperar o lenzo; pero finalmente a policía noruega atopouno en bo estado.



As distintas versións deste cadro, mostran unha figura en primeiro plano dun home que se atopa nun momento angustioso de desesperación existencial.



A paisaxe que aparece é a de Oslo, o lugar de onde era o poeta e a cal lle tiña un cariño moi especial.



É unha das obras máis importantes do artista e do movemento expresionista, costituíndo un icono cultura, coma a Mona Lisa de Leonardo Da Vinci.



Nesta obra o artista inspirouse na súa vida atormentada e chea de momentos tormentosos.



Munch caraterízase por ser severo e ríxido, xa que sendo neno, viu morrer a súa nai e a súa irmá de turbeculosis.



Pasados uns anos, á súa irmá favorita, Laura, diagnosticáronlle unha doenza bipolar e máis tarde foi internada nun psiquiátrico.



O autor escribiu no seu diario no 1892 unhas liñas nas que reflexa a historia dese cadro; o que ocorreu ese día, como se sentía, que quería representar...



Non contento co cadro, decide pintar outro, inspirado nunha momia peruana que viu nunha Expisición Universal en París no 1880; pero coma o outro chamouse A desesperación.



A obra foi exposta no 1893, formando parte doutras cinco nunha coleción chamada Amor. A idea desta exposición era a de representar as distintas fases dun idilio, dende o enamoramento ata a rotura dramática.



O cadro foi exposo por primeira vez, en 1893, formando parte dun conxunto de seis pezas, titulado Amor. A idea de Munch era a de representar as distintas fases dun idilio, dende o enamoramento inicial a unha rotura dramática. O Grito representaba a última etapa, envolta de sensacións angustiosas.



Máis tarde co réxime nazi, Munch foi clasificado coma un arista dexenerado e retirou todos os cadros que había nunha esposición en Alemania.



Munch realizou catro versións de O Grito. O orixinal está exposto na Galería Nacional de Oslo. A segunda e a terceira, atópanse no Museo de Munch.



O Grito, acadou o estatus de icono cultural, que comezou no periodo post-Segunda Guerra Mundial.



Este cadro pertence ao expresionismo, a cal foi unha corrente artística que busacaba a expresión dos sentimentos e as emocións do autor, máis que a representación da realidade obxectiva.



O movemento artístico no que Munch se encontraba tamén respondía ante as clases burguesas e moitas veces a través da representación dos sentimentos que trataban de reflexar as inxustizas sociais.


Para rematar, cabe dicir, que este cadro influíu na corrente artística "a ponte", a cal é unha corrente basada na crítica da sociedade rexida polo traballo industrial e polo sistema socio-económico de Guillermo II, dunha forma máis indireta e clara.






" O Grito"






































Edward Munch :


























Fontes de información:

- Wikipedia.
- www.ucm.es/elgritodemunch
- Blogs.




Feito por:

- Raquel Mel
- Laura Méndez
- Lucía García
- Lucía Eiros
- Lidia Marqués


martes, 2 de marzo de 2010

A SOCIEDADE INDUSTRIAL




No século XIX nace unha nova clase social, a burguesía, nace a sociedade industrial, e deixa de lado o Ántigo Réxime.

Nesta sociedade o contrario que na anterior pódese cambiar de estamento, quere decir que podes pasar de ser campesiño a burgés, de campesiño a sacerdote…

A sociedade deixa de ser rural e os campesiños como non había traballo marchan para as cidades a traballar nas industrias dos poderosos burgueses.

A sociedade industrial era formada polos burgueses os donos das industrias e máis polo proletariado que eran os traballadores que se caracterizan por traballar durante moitas horas ata pola noite e cobraban un xornal mísero.

A burguesía contaba co capital e cas máquinas e traian materias primas como o algodón moi baratas de outro lugares como América ou Asia.

Todos os campesiños, xornalistas, artesáns convertéronse en obreiros das fábricas, traballadores de minas… algún neno traballaba igual que unha persoa maior e estafábamos xa que no tiña estudio ningún.
As condicións nas que traballaban eran pésimas xa que non había hixiene e tampouco non tiñan ningún sindicato ou seguro que os defendera e os protexese.

A burguesía só queria ter unha gran fortuna e alcanzar o maior poder.

As industrias fabricaron demasiados productos pero como a xente tiña un salario mínimo producíronse os STOCKS. As industrias fixeron que se producira unha gran depresión unha dass primeiras crises do sistema económico. O que fixo que moitos dos traballadores se quedaron sen traballo e reducironse ainda maiís os salarios dos traballadores.

As industrias creadas e expandidas polos burgueses creou unha sociedade máis rica pero moi desigual.

Bibliografía: Información do libro de texto ANAYA de historia de4º de ESO e tamén da galipedia e libreta de ciencias sociais .
AS FOTOS SON DE UNHA INDUSTRIA E DE UN PROLETARIO DO S. XIX.
















feito por Raquel Mel Saá
OTTO VON BISMARCK


Otto, coñecido como o´Canceler de ferro´, naceu en Magdeburgo (Alemaña) en 1815 e morreu en 1898 en Friedrichsurh.

A súa infancia estivo marcada por dudas relixiosas e políticas, pero foi a partir do seu matrimonio cando inicia unha carreira política marcada polo conservadurismo.


Estivo no Parlamento prusiano ata 1847 e destacou por ser un adversario das ideas liberais que estaban a avanzar en Europa daquela.


Tamén estivo de diplomático en Frankfurt, San Petersburgo e Francia, coñecendo de primeira man os asuntos internacionais.


Como Alemaña daquela era unha confederación dividida en 39 estados axudou e foi o artífice da súa unificación.


Este proceso proceso levouse a cabo por parte de Prusia (o país máis industrializado) onde era chanceller, nomeado polo rei Guillerme I.


O seu obxectivo era cosolidar a Alemaña como unha gran potencia, por riba de Francia e do Imperio Austríaco.


Para levar a cabo a unificación fixo actos coma reforzar o exército prusiano, algo que lle fixo gañar a Guerra dos Ducados, unha acción cocertada con Austria para arrebatarlle a Dinamarca os terrritorios de fala alemana; a Guerra Austrio – Prusiana, debida a problemas na administración, onde se quería eliminar a influencia austríaca nos asuntos alemanes e a Guerra Franco – Prusiana que foi levada a cabo debido a un malentendido diplomático, coa Francia de Napoleón III, que quería ser sucesor no trono español, a fin de que abandoara a política europa.

Gracias a estas vitorias Prusia foi aumentando o seu poder e os territorios.
Bismark loitaba por un réxime autoritario pero de apariencia constitucional e con sufraxio universal, para evitar que votaran as clases medias.


Gobernou tamén cos liberales e co partido católico, sempre pensando en beneficiar o crecemento industrial.


Na súa etapa gobernadora centrou as súas ideas en frear o movemento obreiro alemán e por iso aprobou as Leis Anti – Socialistas.

Na política externa mostrouse prudente á hora de conquistar territorios, por iso fixo varias accións como forxar as alianzas diplomáticas con Austria, Rusia e Italia e manter a Alemaña apartada das ganas de conquistar voráxicamente imperios, como querían outras potencias europeas.

Foi esta precaución a que o enfrentou con Guillermo II, partidario de prolongar a ascensión de Alemaña coa adquisición dun imperio ultramarino, algo que provocou a caída de Bismark en 1890.


Tras propiciar a educación e a industria, falece no 1898, sendo homenaxeado e coas súas memorias escritas.





Bibliografía:

- http://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/bismarck.htm

- http://www.laguia2000.com/alemania/otto-von-bismarck

- Libreta de Ciencias Sociais de 4º Eso. Asignatura impartida por Sabela Figueira Tenreiro.
Firmado:
- Laura Méndez Costa
- Lucía García Jartín
Dedicado a:
- Miguel Abraira, profesor de Ciencias Sociais en Meira no ano 2008/2009

martes, 23 de febrero de 2010

A burguesía

A burguesía, no seu orixe medieval calificaba tan só aos habitantes das cidades (burgos) da Idade Media, derivando logo ata convertirse nunha clase social caracterizada pola súa actividade económica e non agrícola.


Para os marxistas esta clase social dominaba na producción capitalista, que poseía os medios de producción, grazas ao que acumulaban ganancias xeneradas polo traballo asalariado dos traballadores.


Estos burgueses especializáronse en actividades artesanais e cantís, que proporcionaron unha suficiente forza económica para presionar aos señores feudais, dos que obtiveron liberdades xurídicas, autonomía para administrárense e unha maior protección para as súas actividades.

Aínda así, non conseguiron distinguirse xurídicamente da maioría dos campesiños, e o esquema social feudal non se alterou. De todas formas esto non impediu que dentro do grupo burgués se producira unha estratificación, é decir, unha división dentro da sociedade burguesa, a parte do modelo de estratificación xeral formado anteriormente, sobre todo a partir do século XIII, diferenciándose así as oligarquías dos comerciantes e banqueiros que eran controladas polos gobernos de producción.


A oposición de intereses de ámbolos dous grupos deu lugar á aparición de conflictos a partir da Idade Media.
Cadro da burguesía

A final da Idade Media e durante esta, moitas familias burguesas intentaron alcanzar a nobleza, mediante matrimonios con familias aristocráticas, ou comprando cargos, terras ou títulos importantes.


A expansión mercantil europea proporcionou o descubrimento e a colonización de novos territorios ultramarinos e iso levou a apertura de novos mercados, o que fixo posible o enriquecemento da burguesía.


Os burgueses ricos comezaron unha loita pola reindivicación dos seus dereitos políticos que non tiñan, intentando acabar cos ideais do Antigo Réxime, tratando de lograr estes tres ideais: liberdade, igualdade e fraternidade, establecendo un novo sistema de goberno: a democracia, no que o poder residía no pobo e non nun rei.
Fontes: web artehistoria, libro de texto Anaya 4º da ESO de Ciencias Sociais.
Feito por: Lidia Marqués Ares
Lucia Eiros Fernández