Hoxe, día 17 de Xuño a vistas de rematar un curso cheo de momentos tanto bos como malos, queremos facer unha entrada neste blog que nos recorde todo o que traballamos nel (jajaja).
O curso que levaron a cabo estas Venus do Miño comezou o día 19 de Setembro do 2009, un día chuvioso no que todos estabamos ilusionados co comezo dun novo curso e con elo dunha nova etapa, a nosa última etapa na E.S.O. Nada máis chegar vimos a Sabela, a que sería a nosa titora e a que nos impulsou (mandou jaja) a facer este blog.
Sabela Figueira Tenreiro, nada en Coruña sabe dios cando, foi a nosa mestra de Ciencias Sociais. A primeira vista pareceunos unha alumna máis pola súa estatura (jajaja) e fermosura (jajaja). Pero non sabíamos que ela sería unha das persoas máis importantes na nosa iniciación en 4º.
A comezos de curso quedamos en vir traballar a este blog os martes na hora de Ciencias Sociais (algo que pouco cumplimos) e facer cada día un traballo relacionado co tema que dabamos.
Esta entrada é totalmente diferente ás outras, non é un deses traballos que falen da Revolución Francesa, nin de María Antonieta (en paz descanse) nin das Guerras Mundias. Esta entrada é algo novo, algo que consideramos máis especial, algo máis... Mmmm... Por decilo dalgunha maneira NOSO.
Con esto queremos agradecerlle a toda a xente que convertiu este curso nunha aventura inesquecible, tanto aos nosos compañeiros, como aos mestres, como a Tuto e como non á excursión a Barcelona (inolvidable).
Nesta excursión aprendimos o importante que é estar ás 12 na cama, o importante que é saberse manexar no metro, o importante que é non ser exquisito coa comida e por suposto o importante que é convivir todos xuntos (xuntos, pero non revoltos e sen mesturas, como diría Sofía, da cal non nos podemos esquecer).
Tamén aprendimos cousas na clase, como saber que touciño + velocidade = tacatá, como que ´chico, no, mira xa está, vouche poñer un negativo porque levas toda a hora así´, como que non podemos ter latas nin tenis na clase (non é a vosa casa jajaja), como que Simón, cando fala, ten papas na boca, coma que o corte imperio é o que aperta as tetas e cae e cousas así...
Para rematar con esta escolma de momentos queremos reiterar as gracias por facer destes blogs algo máis que un simple blog de traballo, por conseguir que fora algo máxico.
Algo que cando un día que non teñamos nada que facer, miraremolo e recordaremos todas estas cousas cun sorriso.
ABSOLUTISMO BORBÓNICO E ILUSTRACIÓN
Hace 13 años
Deixades a calquera sen palabras, xa falades vos todo, e falades sempre tan ben que calquera vos discute nada! Non me vou a poñer melancolica, mais eu tamen hei de recordarvos a tod@s cun e miles de sorrisos... foi un pracer ter que "pelexarme" con vos!!! ...temblanme as pernas so con pensar nesa "querella criminal" de Lucia!...jajajajaja...ai miñas nenas(e nenos)!!!! (escusade as tildes, mais este teclado non se deixa gobernar) MUUUUUUUUUUUUac
ResponderEliminar