OTTO VON BISMARCK
Otto, coñecido como o´Canceler de ferro´, naceu en Magdeburgo (Alemaña) en 1815 e morreu en 1898 en Friedrichsurh.
Otto, coñecido como o´Canceler de ferro´, naceu en Magdeburgo (Alemaña) en 1815 e morreu en 1898 en Friedrichsurh.
A súa infancia estivo marcada por dudas relixiosas e políticas, pero foi a partir do seu matrimonio cando inicia unha carreira política marcada polo conservadurismo.
Estivo no Parlamento prusiano ata 1847 e destacou por ser un adversario das ideas liberais que estaban a avanzar en Europa daquela.
Tamén estivo de diplomático en Frankfurt, San Petersburgo e Francia, coñecendo de primeira man os asuntos internacionais.
Como Alemaña daquela era unha confederación dividida en 39 estados axudou e foi o artífice da súa unificación.
Este proceso proceso levouse a cabo por parte de Prusia (o país máis industrializado) onde era chanceller, nomeado polo rei Guillerme I.
O seu obxectivo era cosolidar a Alemaña como unha gran potencia, por riba de Francia e do Imperio Austríaco.
Para levar a cabo a unificación fixo actos coma reforzar o exército prusiano, algo que lle fixo gañar a Guerra dos Ducados, unha acción cocertada con Austria para arrebatarlle a Dinamarca os terrritorios de fala alemana; a Guerra Austrio – Prusiana, debida a problemas na administración, onde se quería eliminar a influencia austríaca nos asuntos alemanes e a Guerra Franco – Prusiana que foi levada a cabo debido a un malentendido diplomático, coa Francia de Napoleón III, que quería ser sucesor no trono español, a fin de que abandoara a política europa.
Gracias a estas vitorias Prusia foi aumentando o seu poder e os territorios.
Bismark loitaba por un réxime autoritario pero de apariencia constitucional e con sufraxio universal, para evitar que votaran as clases medias.
Gobernou tamén cos liberales e co partido católico, sempre pensando en beneficiar o crecemento industrial.
Na súa etapa gobernadora centrou as súas ideas en frear o movemento obreiro alemán e por iso aprobou as Leis Anti – Socialistas.
Na política externa mostrouse prudente á hora de conquistar territorios, por iso fixo varias accións como forxar as alianzas diplomáticas con Austria, Rusia e Italia e manter a Alemaña apartada das ganas de conquistar voráxicamente imperios, como querían outras potencias europeas.
Foi esta precaución a que o enfrentou con Guillermo II, partidario de prolongar a ascensión de Alemaña coa adquisición dun imperio ultramarino, algo que provocou a caída de Bismark en 1890.
Tras propiciar a educación e a industria, falece no 1898, sendo homenaxeado e coas súas memorias escritas.
Bibliografía:
- http://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/bismarck.htm
- http://www.laguia2000.com/alemania/otto-von-bismarck
- Libreta de Ciencias Sociais de 4º Eso. Asignatura impartida por Sabela Figueira Tenreiro.
- http://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/bismarck.htm
- http://www.laguia2000.com/alemania/otto-von-bismarck
- Libreta de Ciencias Sociais de 4º Eso. Asignatura impartida por Sabela Figueira Tenreiro.
Firmado:
- Laura Méndez Costa
- Lucía García Jartín
Dedicado a:
- Miguel Abraira, profesor de Ciencias Sociais en Meira no ano 2008/2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario