jueves, 17 de junio de 2010
Tuttifrutti
O curso que levaron a cabo estas Venus do Miño comezou o día 19 de Setembro do 2009, un día chuvioso no que todos estabamos ilusionados co comezo dun novo curso e con elo dunha nova etapa, a nosa última etapa na E.S.O. Nada máis chegar vimos a Sabela, a que sería a nosa titora e a que nos impulsou (mandou jaja) a facer este blog.
Sabela Figueira Tenreiro, nada en Coruña sabe dios cando, foi a nosa mestra de Ciencias Sociais. A primeira vista pareceunos unha alumna máis pola súa estatura (jajaja) e fermosura (jajaja). Pero non sabíamos que ela sería unha das persoas máis importantes na nosa iniciación en 4º.
A comezos de curso quedamos en vir traballar a este blog os martes na hora de Ciencias Sociais (algo que pouco cumplimos) e facer cada día un traballo relacionado co tema que dabamos.
Esta entrada é totalmente diferente ás outras, non é un deses traballos que falen da Revolución Francesa, nin de María Antonieta (en paz descanse) nin das Guerras Mundias. Esta entrada é algo novo, algo que consideramos máis especial, algo máis... Mmmm... Por decilo dalgunha maneira NOSO.
Con esto queremos agradecerlle a toda a xente que convertiu este curso nunha aventura inesquecible, tanto aos nosos compañeiros, como aos mestres, como a Tuto e como non á excursión a Barcelona (inolvidable).
Nesta excursión aprendimos o importante que é estar ás 12 na cama, o importante que é saberse manexar no metro, o importante que é non ser exquisito coa comida e por suposto o importante que é convivir todos xuntos (xuntos, pero non revoltos e sen mesturas, como diría Sofía, da cal non nos podemos esquecer).
Tamén aprendimos cousas na clase, como saber que touciño + velocidade = tacatá, como que ´chico, no, mira xa está, vouche poñer un negativo porque levas toda a hora así´, como que non podemos ter latas nin tenis na clase (non é a vosa casa jajaja), como que Simón, cando fala, ten papas na boca, coma que o corte imperio é o que aperta as tetas e cae e cousas así...
Para rematar con esta escolma de momentos queremos reiterar as gracias por facer destes blogs algo máis que un simple blog de traballo, por conseguir que fora algo máxico.
Algo que cando un día que non teñamos nada que facer, miraremolo e recordaremos todas estas cousas cun sorriso.
martes, 15 de junio de 2010
Mohandas Karamchand Gandhi (defensor da descolonización)
O Nazismo
Dentro do contexto histórico, o Nazismo pódese definir coma unha ideoloxía alemana que alcanza o seu máximo explendor nos anos 30. Neste periodo había reivindicacións por parte dos obreiros debido ás condicións de paz impostas polo Tratado de Versalles (1919) xunto co Crack da bolsa de Nova York en 1929. Esto provocou a quebra de varias empresas e despidos masivos dos traballadores.
O Nacionalsocialismo identifica á comunidade xudía e á xitana coma antítesis do home ario (raza que quería expandir Hitler: homes rubios con ollos claros).
Posteriormente formouse o Partido Obreiro Alemán, que tiña como obxectivos expulsar aos xudíos fomentar o cristianismo e impoñer o orden e rematar co Tratado de Versalles.
Debido a estas razóns podemos considerar o Nacionalsocialismo coma unha ideoloxía fascista, na cal o seu xefe era o seu ´Führer´.
O Nazismo comezou a principios do século 20 co austríaco Adolf Hitler cando se uniu ao Partido Obreiro Alemán e impuxo o seu poder.
Este partido ao non aceptar o Tratado de Versalles, desapareceu e formouse así o Partido Socialista Obreiro Alemán ou Partido Nazi, dirixido por Hitler.
Tras encabezar un fallido intento de golpe de Estado en 1923 contra a República de Weimar, Hitler foi condeado a prisión durante 5 anos, da que só cumpliu once meses.
Hitler consegue ser chamado polos sectores conservadores para ocupar o cargo de ´chanceller´ de Alemaña .
Unha vez no cargo, Hitler decretou novas elecións, impoñendo unha intensa propaganda nazi . Finalmente outorgáronlle o control do Parlamento e así comzaba o III reich.
Hitler trala morte do presidente Hindenburg, impuxo un goberno centrado exclusivamente ao redor da súa figura .
O poder de Hitler consolídasde coa Noite dos Coitelos Longos na cal ordea o asasinato dos principais líderes da SA (forzas de asalto que apoiaran aos nacionalsocialistas no seu ascenso ao poder).
O Nazismo céntrase na obtención dunha raza pura, os xudeus, que eran os seus esclavos, a mediados da Segunda Guerra Mundial comezaron a ser exterminados nos campos de concentración.
Os campos de concentración (o campo de internamento) é un centro grande de detención e de confinamento na masa. O número de campos de concentración foi masivo, o máis sinalado é o de Auschwitz. Outros son o de Dachau (Alemaña), o de Mauthausen-Gusen ( Austria) e o de Sachsenhausen (Alemaña)...
O xudíos encarnaban, para Hitler, todos os males. Eran en síntesis, o inimigo racial que dende o interior corrompía e contaminaba á nación.
En novembro como excusa do asasinato dun diplomático alemán en Paris, por mans dun xoven xudeu foron atacados polos membros da SS, a esto chamóuselle "A noite dos cristais rotos".
O resultado desto foi de moita magnitude, xa que o Estado tivo que restaurar a orde que el mesmo había perturbado.
Finalmente os xudeus foron concentrados en ´ghettos´(barrios especiais onde vivían acinados). E esto sumaríase a exclavización e o exterminio durante a guerra. Os campos de concentración convertíronse en lugares de traballo forzoso, para experimentos médicos e para a eliminación dos xudeus, xitanos, homosexuais e discapacitados.
Tras firmar un pacto de non agresión á URSS, Hitler lanzouse en setembro de 1939 a invadir Polonia, Francia e Inglaterra decláranlle a guerra.
Isto da lugar ao comezo da Segunda Guerra Mundial.
Tras este conflito os movementos nazis seguiron influíndo na sociedade de hoxe en día. Por exemplo, en Alemaña está prohibido facer apoloxía do nazismo e hai leis contra elo, xa que está considerado coma un delito.
Esta historia podemos observala reflexada en moitas publicacións e películas. Coma O neno co pixama a raias, O diario de Ana Frank, Cando Hitler roubou o coello rosa, Paradeiro descoñecido...
"Todas as ´venus´ (jeje) deste grupo lemos O neno co pixama a raias, un libro que nos impactou e nos fixo ver a situación na que vivían as persoas daquela época, sometidas ao férreo ditatorial réxime nazista.
Este libro trata dun rapaz chamado Bruno que se tivo que mudar con toda a súa familia para Auchwiz por motivos de traballo do seu pai. Cando xa chegou a Auschwiz, Bruno achegouse a unha ventá e alí viu un patio con moitos rapaces, entreténdose. Bruno díxolle a súa irá que fose mirar e pareceulles moi estraño que tivesen a mesma roupa, un pixama a raias.
Un día, Bruno decidiu dar una volta para coñecer o lugar donde ía vivir. Chegou a una alambrada dentro da cal había un neno sentado no chan. Bruno preguntoulle como se chamaba e que facía alí só. Entón o neno díxolle que se chamaba Shmuel e que non facía nada. Bruno marchou, pero díxolle que volvería.
Bruno fíxose moi amigo de Shmuel e íao visitar case todos os días. Shmuel contáballe a vida que pasaba no campo traballando e a Bruno non lle gustaba nada. Un día, a nai de Bruno discutiu con seu pai porque quería volver para Berlín pois non lle gustaba esa vida para os seus fillos. Esa tarde Bruno foise despedir de Shmuel, pero presentóuselle un problema e era que Shmuel non encontraba a seu pai e entón Bruno decidiu axudarlle antes de que marchasen. Shmuel tróuxolle un pixama a raias para poder entrar e que ninguén se decatase. Shmuel e Bruno non atoparon o pai de Shmuel e entón Bruno quixo marchar para a casa pois xa era tarde, pero xa non podía saír porque os vixiantes do recinto estábanos mandando entrar. O pai de Bruno e os seus compañeiros de traballo xa tiñan pensado meter os nenos daquela alambrada para un lugar cerrado con gas dentro para axfisialos e fixérono, pero o problema estaba en que alí dentro estaba tamén Bruno e ninguén se dera conta. Os rapaces morreron xuntos e o pai de Bruno decatouse pola roupa do rapaz, que estaba tirada ao outro lado da alambrada."
Consideramos, como dixemos antes, que foi un libro que nos gustou moito e que ao mesmo tempo nos impactou.
Dedicamos todas as ´venus´ este artigo á nosa titora Sabela, que gracias a ela aprendemos un pouco (aínda que sea pouco) de cultura lendo estas cousas.
feito por:
- Lidia Marqués
- Lucía Eiros
- Raquel Mel
- Laura Méndez
- Lucía García
Bibliografía:
- Wikipedia
- Imaxes Google
- Blog ´setemaisun´