martes, 2 de marzo de 2010

A SOCIEDADE INDUSTRIAL




No século XIX nace unha nova clase social, a burguesía, nace a sociedade industrial, e deixa de lado o Ántigo Réxime.

Nesta sociedade o contrario que na anterior pódese cambiar de estamento, quere decir que podes pasar de ser campesiño a burgés, de campesiño a sacerdote…

A sociedade deixa de ser rural e os campesiños como non había traballo marchan para as cidades a traballar nas industrias dos poderosos burgueses.

A sociedade industrial era formada polos burgueses os donos das industrias e máis polo proletariado que eran os traballadores que se caracterizan por traballar durante moitas horas ata pola noite e cobraban un xornal mísero.

A burguesía contaba co capital e cas máquinas e traian materias primas como o algodón moi baratas de outro lugares como América ou Asia.

Todos os campesiños, xornalistas, artesáns convertéronse en obreiros das fábricas, traballadores de minas… algún neno traballaba igual que unha persoa maior e estafábamos xa que no tiña estudio ningún.
As condicións nas que traballaban eran pésimas xa que non había hixiene e tampouco non tiñan ningún sindicato ou seguro que os defendera e os protexese.

A burguesía só queria ter unha gran fortuna e alcanzar o maior poder.

As industrias fabricaron demasiados productos pero como a xente tiña un salario mínimo producíronse os STOCKS. As industrias fixeron que se producira unha gran depresión unha dass primeiras crises do sistema económico. O que fixo que moitos dos traballadores se quedaron sen traballo e reducironse ainda maiís os salarios dos traballadores.

As industrias creadas e expandidas polos burgueses creou unha sociedade máis rica pero moi desigual.

Bibliografía: Información do libro de texto ANAYA de historia de4º de ESO e tamén da galipedia e libreta de ciencias sociais .
AS FOTOS SON DE UNHA INDUSTRIA E DE UN PROLETARIO DO S. XIX.
















feito por Raquel Mel Saá
OTTO VON BISMARCK


Otto, coñecido como o´Canceler de ferro´, naceu en Magdeburgo (Alemaña) en 1815 e morreu en 1898 en Friedrichsurh.

A súa infancia estivo marcada por dudas relixiosas e políticas, pero foi a partir do seu matrimonio cando inicia unha carreira política marcada polo conservadurismo.


Estivo no Parlamento prusiano ata 1847 e destacou por ser un adversario das ideas liberais que estaban a avanzar en Europa daquela.


Tamén estivo de diplomático en Frankfurt, San Petersburgo e Francia, coñecendo de primeira man os asuntos internacionais.


Como Alemaña daquela era unha confederación dividida en 39 estados axudou e foi o artífice da súa unificación.


Este proceso proceso levouse a cabo por parte de Prusia (o país máis industrializado) onde era chanceller, nomeado polo rei Guillerme I.


O seu obxectivo era cosolidar a Alemaña como unha gran potencia, por riba de Francia e do Imperio Austríaco.


Para levar a cabo a unificación fixo actos coma reforzar o exército prusiano, algo que lle fixo gañar a Guerra dos Ducados, unha acción cocertada con Austria para arrebatarlle a Dinamarca os terrritorios de fala alemana; a Guerra Austrio – Prusiana, debida a problemas na administración, onde se quería eliminar a influencia austríaca nos asuntos alemanes e a Guerra Franco – Prusiana que foi levada a cabo debido a un malentendido diplomático, coa Francia de Napoleón III, que quería ser sucesor no trono español, a fin de que abandoara a política europa.

Gracias a estas vitorias Prusia foi aumentando o seu poder e os territorios.
Bismark loitaba por un réxime autoritario pero de apariencia constitucional e con sufraxio universal, para evitar que votaran as clases medias.


Gobernou tamén cos liberales e co partido católico, sempre pensando en beneficiar o crecemento industrial.


Na súa etapa gobernadora centrou as súas ideas en frear o movemento obreiro alemán e por iso aprobou as Leis Anti – Socialistas.

Na política externa mostrouse prudente á hora de conquistar territorios, por iso fixo varias accións como forxar as alianzas diplomáticas con Austria, Rusia e Italia e manter a Alemaña apartada das ganas de conquistar voráxicamente imperios, como querían outras potencias europeas.

Foi esta precaución a que o enfrentou con Guillermo II, partidario de prolongar a ascensión de Alemaña coa adquisición dun imperio ultramarino, algo que provocou a caída de Bismark en 1890.


Tras propiciar a educación e a industria, falece no 1898, sendo homenaxeado e coas súas memorias escritas.





Bibliografía:

- http://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/bismarck.htm

- http://www.laguia2000.com/alemania/otto-von-bismarck

- Libreta de Ciencias Sociais de 4º Eso. Asignatura impartida por Sabela Figueira Tenreiro.
Firmado:
- Laura Méndez Costa
- Lucía García Jartín
Dedicado a:
- Miguel Abraira, profesor de Ciencias Sociais en Meira no ano 2008/2009