martes, 20 de abril de 2010

O grito de Munch

HISTORIA SOBRE O CADRO:


O grito de Munch foi pintado en 1863 por Edward Munch. Malia que fixo outras edicións deste cadro, o máis destacado atópase na Galería Nacional de Oslo.


Esta obra foi roubada varias veces. A primeira foi no 1994, pero máis tarde recuperouna a policía. Outro dos roubos foi en agosto do 2004, onde se tardou moito tempo en volver recuperar o lenzo; pero finalmente a policía noruega atopouno en bo estado.



As distintas versións deste cadro, mostran unha figura en primeiro plano dun home que se atopa nun momento angustioso de desesperación existencial.



A paisaxe que aparece é a de Oslo, o lugar de onde era o poeta e a cal lle tiña un cariño moi especial.



É unha das obras máis importantes do artista e do movemento expresionista, costituíndo un icono cultura, coma a Mona Lisa de Leonardo Da Vinci.



Nesta obra o artista inspirouse na súa vida atormentada e chea de momentos tormentosos.



Munch caraterízase por ser severo e ríxido, xa que sendo neno, viu morrer a súa nai e a súa irmá de turbeculosis.



Pasados uns anos, á súa irmá favorita, Laura, diagnosticáronlle unha doenza bipolar e máis tarde foi internada nun psiquiátrico.



O autor escribiu no seu diario no 1892 unhas liñas nas que reflexa a historia dese cadro; o que ocorreu ese día, como se sentía, que quería representar...



Non contento co cadro, decide pintar outro, inspirado nunha momia peruana que viu nunha Expisición Universal en París no 1880; pero coma o outro chamouse A desesperación.



A obra foi exposta no 1893, formando parte doutras cinco nunha coleción chamada Amor. A idea desta exposición era a de representar as distintas fases dun idilio, dende o enamoramento ata a rotura dramática.



O cadro foi exposo por primeira vez, en 1893, formando parte dun conxunto de seis pezas, titulado Amor. A idea de Munch era a de representar as distintas fases dun idilio, dende o enamoramento inicial a unha rotura dramática. O Grito representaba a última etapa, envolta de sensacións angustiosas.



Máis tarde co réxime nazi, Munch foi clasificado coma un arista dexenerado e retirou todos os cadros que había nunha esposición en Alemania.



Munch realizou catro versións de O Grito. O orixinal está exposto na Galería Nacional de Oslo. A segunda e a terceira, atópanse no Museo de Munch.



O Grito, acadou o estatus de icono cultural, que comezou no periodo post-Segunda Guerra Mundial.



Este cadro pertence ao expresionismo, a cal foi unha corrente artística que busacaba a expresión dos sentimentos e as emocións do autor, máis que a representación da realidade obxectiva.



O movemento artístico no que Munch se encontraba tamén respondía ante as clases burguesas e moitas veces a través da representación dos sentimentos que trataban de reflexar as inxustizas sociais.


Para rematar, cabe dicir, que este cadro influíu na corrente artística "a ponte", a cal é unha corrente basada na crítica da sociedade rexida polo traballo industrial e polo sistema socio-económico de Guillermo II, dunha forma máis indireta e clara.






" O Grito"






































Edward Munch :


























Fontes de información:

- Wikipedia.
- www.ucm.es/elgritodemunch
- Blogs.




Feito por:

- Raquel Mel
- Laura Méndez
- Lucía García
- Lucía Eiros
- Lidia Marqués