sábado, 28 de noviembre de 2009

A Revolución Francesa

A REVOLUCIÓN FRANCESA


A Revolución Francesa de 1789 xurdiu debido á diferenza de ideas entre a Ilustración e o Antigo Réxime. O Antigo Réxime baseábase nunha monarquía absoluta e cunha sociedade estamental onde o rei era o que se atopaba no cume.


Francia atopábase nun momento de crise económica despois de varios anos de prosperidade. Debido á participación francesa na guerra da independencia americana, deixaron as finanzas deste país en mal estado e como consecuencia os campesiños e os artesáns afundíanse na miseria debido aos impostos e ás malas colleitas. Por outra banda, a burguesía francesa quería participar no poder político e rematar co réxime absolutista.


O rei decidiu convocar os Estados Xerais. Os Estados Xerais é unha asamblea medieval que estaba formado polos representantes de cada estamento, e á hora de liberar estaban separados e tiña só un voto. Tiñan o fin de anunciar o aumento dos impostos. Esto levou a cabo a Revolución, en que o burgueses, que formaban parte do terceiro estado, xuntáronse e provocaron unha serie de manifestacións, a máis importante foi á Basilla o 14 de xullo de 1789, no que obrigaron ao rei a ceder os seus desexos. A monarquía, oposta á Asamblea, cerrou as portas onde se reunían, e os asambleístas mudáronse a un edificio cercano onde a aristrocacia costumaba a xogar ao xogo da pelota e prometeron non separarse ata que se fixera unha nova constitución para Francia. Os representantes do clero e un conxunto de membros da nobreza, reuníronse e déronse por vencidos e o 9 de xullo a Asamblea pasou a chamarse Asamblea Nacional Constituínte.


A Revolución enfrentouse contra a Igrexa e pasou a depender do Estado. Eliminou o poder da Igrexa para impoñer impostos e dá inicio á era moderna en Francia.


Baixo a Constitución de 1702, Fracia funcionou coma unha monarquía constitucional, e o rei tiña que compartir o seu poder coa Asamblea.


O novo poder lexislativo estivo a cargo da Convención, mentres que o poder executivo recaeu sobre o Comité da Salvación Nacional. A Convención condenou a morte do rei, acusándoo da conspiración contra a liberdade pública e as seguridades xerais do Estado. O 21 de Xaneiro, o rei foi executado e esto fixo xurdir unha guerra cos outros países europeo. A raíña María Antonieta, nacida en Austria, foi executada o 16 de octubro do mesmo ano, iniciando unha revolución en Austria para sustituír á raíña.





O xeneral Napoleón Bonaparte deu un golpe de estado, instalando o Consulado. O Consulado daba a Napoleón poderes didactoriales, cerrando con esto a Revolución Francesa. Finalmente Napoleón foi coroado Emperador dos franceses.





Rematada a Revolución Francesa surxe a República Francesa e convocaron a Asamblea Xeral,que é a reunión dos Tres Estados: o clero, a nobreza e o pobo chan. Cando estes se reúnen conóceselles como Estados Xerais. Crean a súa bandeira que aínda perdura hoxe en día, onde o cor azul representa a nobreza, o branco ao clero e o vermello ao terceiro estado.


Isto pódese resumir no seguinte esquema:



















Algunha foto relacionada coa Revolución Francesa:


























Feito por: Laura Méndez

martes, 17 de noviembre de 2009

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL


A Primeira Guerra Mundial foi o 3 de agosto de 1914 cando o ministro británico de asuntos exteriores, Edward Grey estaba fronte á ventá do seu despacho e vía sobre Londres o crepúsculo, e entón pronunciou unhas palabras que se fixeron famosas: "En toda Europa se apagan ahora las luces: puede suceder que jamás volvamos a verlas encendidas".


A súa predicción cumpliouse , a guerra que entón empezaba, significou a morte da vella Europa, o fin dos vellos tempos e o desmoronamento definitivo dunha concepción do mundo.


A Primeira Guerra Mundial foi o segundo maior conflito do século XX. Durou dende o 1914 ata 1918. Enfrontou inicialmente a Francia , Reino Unido e a Rusia contra Alemaña, Austria - Hungría, Bulgaria e Turquía. Máis tarde uníronse outos países como Xapón, Italia e EEUU


.Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de EEUU, e impuxéronse fortes sancións económicas e territoriais á Alemaña e desmembraron os imperios da Austria-Hungría e a Turquía a partir do Tratado de Versalles no 1919. Creáronse moitos novos estados na Europa: como Polonia, Iugoslavia e Checoslovaquia. Durante a Primeira Guerra Mundial ocorreu a Revolución Rusa e esta fixo que Rusia firmase a paz co Tratado de Brest-Litovsk.


AS FASES DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL.


*1ª fase: Alemaña primeiro pensaba enfrontarse á Francia para despois facelo con Rusia pero a incorporación da Gran Bretaña á guerra e a capacidade de resistencia francesa.


*2ª fase: Produciuse unha situación de empate. En Verdún os franceses detiveron os alemáns na batalla do Somme.

*3ª fase: O ano 1917 foi crucial no desenvolvemento da guerra por dos feitos coetáneos:
- A derruba da fronte rusa pola revolución.
- A incorporación de EE.UU á guerra.


As imaxes desta guerra foron e seguen sendo debastadoras:












Feito por: Lucía García, Laura Méndez, Lidia Marqués, Raquel Mel e Lucía Eiros.

martes, 3 de noviembre de 2009

Xoana a tola


XOANA A TOLA


Xoana de Aragón e de Castela, I de Castela, coñecida tamén como Xoana a Tola, naceu en Toledo no 1479 e morreu en Valladolid en 1555. Filla de Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela.

Casouse con Felipe de Borgoña (o fermoso) en 1496 en Liexa. Máis tarde tiveron seis fillos: Leonor, Carlos, María, Catarina, Isabel e Fernando. O máis destacado foi Carlos I de España e V de Alemaña.

En 1497 foi nomeada princesa de Asturias, pola morte do seu irmán o infante Xoán de Aragón.

Cando no 1503 o seu marido, Filipe, decidiu viaxar para atender asuntos, parece que se agravou o seu estado mental. Decidiu, porén, partir para Castela e estar ao lado dos seus pais, á petición da súa nai, que estaba preocupada pola súa grave saúde.

O 25 de Setembro de 1507 morreu Felipe, e había rumores de que fora por un envelenamento, esto afectou á tolemia de Xoana.

No 1516, morre Fernando, o fillo máis vello de Xoana. Esto fai que Carlos herede a coroa de Castela e Aragón.


A raíz desta historia fixéronse varias películas, unha delas dirixida por Vicente Aranda e interpretada por Pilar López De Ayala, Daniele Liotti, Manuela Arcuri, Eloy Azorín, Héctor Colomé, Rosana Pastor, Susi Sánchez, Guillermo Toledo e Jorge Monje






Feito por: Raquel Mel, Lucía García, Lidia Marqués, Lucía Eiros e Laura Méndez.